Coidado integral do pé
A Clínica Podolóxica María Pita Graña (con rexistro sanitario C-15-001598) é un centro especializado na diagnose e no tratamento das afeccións do pé. Ubicada en Ferrol e presente no sector desde 2003, ofrecemos aos nosos clientes unha solución eficaz para as verrugas, os papilomas, os fungos, os calos ou as uñas encarnadas. Así pois, tamén nos encargamos de correxir calquer problema na pisada, tratando pés planos e fascitis plantar.
Xeralmente, os pés sofren complicacións e problemas derivados do calzado que empregamos, dun mal coidado ou da nosa marcha que deben ser solventados axiña para impedir que continue a súa molestia, escocemento ou dor nos pacentes. Por este motivo, mantemos cos pacientes un trato cercano e directo en todo momento, realizando unha diagnose inicial para comprobar a efectividade das técnicas empregadas.
Ademáis, esforzámonos por explicar aos nosos clientes detalladamente o seu problema, dandándolle o mellor tratamento posible para a súa patoloxía. Contacte coa nosa clínica e póñase en mans de profesionais.